Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

31 ene. 2008

Novidades en DVDs

Os Reis deixáronnos uns agasallos que sabemos que vos gustan moito: unha morea de pelis que xa podedes levar en préstamo. Aquí tedes unha mostra pero tamén podedes consultar no Catálogo da biblioteca (OPAC) e en novidades.




Algúns poemas e relatos curtos, por Pedro Echevarría de 4º A

Para que haya paz
antes hay que decir
¡No a las guerras!,
¡No Zurrar!,
y juntarse con buenas influencias.

¡Qué bonita es la vida!
¡Qué bonita es la felicidad!,
¡Qué bonito es...!
¡No guerra!
La paz es lo que nos separa de la maldad
y nos lleva a la libertad.

¡Oh, pasado, no te olvides de mí!
Que de mí ya otra gente ha pasado,
y me volví infeliz.
¿Qué quieres de mí, pasado?
-Lo que quiero sólo,
es volverme feliz.

Érase una vez un pequeño diccionario y una enciclopedia. El diccionario era pobre y la enciclopedia rica y llena de palabras.
Todos se burlaban del diccionario hasta que el diccionario se puso contento por tener pocas palabras, pero las más bellas: amor, paz, felicidad.


Cae un chaparrón y Ronaldo
marca un gol,
cae un rayo de sol
y...¡Carambola!-digo yo.
Ronaldo hace una vaselina
y canta una poesía
y como no tengo nada más que poner
termino de componer.

29 ene. 2008

¡Fóra monstro!

"Fóra monstro" é un conto realizado en equipo polos alumnos de 2º B.

Despois de escoitar a canción "Sólo le pido a Dios" que cantaremos no acto do "Día da Paz" onde se di que a guerra "es un monstruo grande y pisa fuerte"... os alumnos de 2º B quixeron tamén poñer por escrito a través deste conto todas aquelas cousas que se poden convertir nun monstruo e desexan botar fóra...

NON á guerra

NON ás pelexas

NON á fame

NON á burla das persoas

SÍ Á PAZ

video

Poemas e acrósticos da paz, por Elena e Judit de 4º A

Soñé...,
soñé que estaba en un mundo
donde no había nada...,
sólo una niña sentada
estaba callada, no hablaba;
de su boca no salió ni una palabra.

¡Pobre, pobre niña que lloraba!

Me desperté por la mañana,
vi una niña fuera de mi casa
cantaba y cantaba,
no paraba...
aquella niña...¡alegre estaba!

Piensa, piensa
Siéntate a pensar
lo bonito que sería
un mundo con paz.

¡Paz, paz!
quedate aquí,
y deja que disfrute de ti.

¡Guerra, guerra!
vete de mí
no vengas nunca más,
y quedate allí.



Me gustaría no oír el ruído de las balas
ni de las cosas malas,
que los cañones disparen bombones,
que los amigos sean aún más amigos,
y que encuentren amores,
que conquisten corazones.


Paloma de la paz tú que sabes hechizar,
Así con tus deseos de paz la gente buena te escuchará.
Zumban las abejas formando corazones, echando miles de flores a los niños pobres.

Pido a todo el mundo que sea bueno,que...
Ayude a traer la paz a la tierra,a...
Zambullirse en alegría, sueños y que no haya guerras.

Poemas de paz, por alumnos de 4º A

Si hay paz,
hay felicidad.
Si hay amor,
no hay rencor.
Si hay alegría
veremos bellas sonrisas.

Pedro Chavarría


Esa mañana al despertar
te he visto a ti, la paz.
Mi razón se fue
pero quiero tener fe.
La paz se va
¡qué fugaz!
¡ADIÓS,ADIÓS PAZ!

Elvira y Ana

Pola Paz (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.

video

video

Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

28 ene. 2008

Pola Paz (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

video

Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

27 ene. 2008

Pola Paz (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

26 ene. 2008

Os profes en prácticas axudando na biblioteca

O xoves comezaron as prácticas os alumnos que se están preparando para ser futuros mestres. Os de Educación Física... ¡xa se uniron ao noso traballo na biblioteca! ¡Qué sorte que temos...!

Axudaron a disfrazar ao noso "Fernando Alonso" (unha maqueta cedida por unha entidade bancaria que disfrazamos segundo nos interese); xa o vestíramos de rei mago por Nadal, pero agora disfrazámolo de "Mahatma" Gandhi portando un cartel onde el mesmo nos explica por qué se elixíu o día 30 de xaneiro para conmemorar o día da Paz.

Tamén colaboraron na elaboración dunha árbore núa, a Árbore da Paz, que se encherá con follas, coma tódalas árbores ... pero neste caso con follas de libros que serán elaborados polos distintos cursos cos desexos de paz de todos e cada un dos nenos e nenas do colexio.

E como non... Tamén puxemos un stand coas lecturas relacionadas coa paz. Podes ver os libros no club de lectura.
Pincha na foto que che interese se queres que se deteña e volve a pinchar para pasar páxina.




Pola Paz (IV)

Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.
Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)


Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

24 ene. 2008

Música pola Paz (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.


Solo le pido a Dios:

video


Blowing in the wind:

video


Rosa de la Paz:

video


Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

23 ene. 2008

Gandhi


O 30 de xaneiro de 1948, mentres se dirixía ao seu habitual rezo da tarde, foi asasinado "Mahatma" Gandhi por Vinayak Nathura Godse, membro dun grupo extremista hindú.

Pola importancia de Gandhi no camiño cara outro mundo posible, esa data foi elexida polas Nacións Unidas como día mundial para conmemorar o Día da Paz.

Citamos algunhas frases de Gandhi para que xuntos poidamos reflexionar sobre a ìmportancia da Paz: en primeiro lugar, paz nos nosos corazóns e despois no noso entorno... Só deste xeito poderemos atopar un mundo máis xusto e mellor...


Algunhas frases de Gandhi:



"Case todo o que realice será insignificante, pero é moi importante que o faga".

"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".

"O que se obtén con violencia, sóamente se pode manter con violencia".

"Non deixes que morra o sol sen que morran os teus rencores".

"Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego".

"Se queres cambiar ao mundo, cámbiate a ti mesmo".

"O máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa".




21 ene. 2008

Pola Paz (II)

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

"A poesía é unha arma cargada de futuro" Gabriel Celaya








Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas.

Cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.



Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

20 ene. 2008

Pola Paz (I)

O día 30 celébrase o DÍA DA PAZ.
Dende o noso blog unímonos ás iniciativas dos blogues das bibliotecas escolares de Galicia (un traballo en equipo realizado por docentes de varias bibliotecas).

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro.



video

10 ene. 2008

Exposición filatélica na biblioteca

Durante esta primeira semana lectiva de xaneiro está no colexio e na biblioteca a exposición "El mundo de los sellos". Podemos admirar esta ampla colección de selos, dende o primeiro selo que se fixo no mundo, en 184o, e o o primeiro de España, en 1850, ata os selos máis recentes.

Os alumnos de 1º a 6º baixarán á biblioteca para asistir a unha proxección sobre os selos e recibirán un CD con material lúdico e informativo sobre o mundo filatélico.
Esta exposición está organizada pola Comisión de Juventud de FESOFI e está patrocinada por Correos.


Os alumnos de Educación infantil na biblioteca


Os alumnos de Educación infantil estiveron na biblioteca nunha sesión de contacontos con power point.
"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" da editorial Kalandraka e "Tento y el diente" da editorial Edelvives.
Podedes ver os contos en power point na páxina web da biblioteca.

9 ene. 2008

Inventos musicais


Aos alumnos de 6ºB con motivo do tema que estamos traballando para o fomento da lectura, "Contamos coa ciencia" (Inventos e inventores neste trimestre) ocorréuselles facer unha exposición sobre inventos musicais, elaborando eles mesmos os instrumentos con material reciclado.
Unha boa idea!
Podedes ver a exposición na páxina web.