Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

29 abr. 2008

III Festival do Conto

Despois de moitos atrancos, o martes 29, por fin, puidemos celebrar o día Internacional do Libro. Tivemos dous festivales, un para os alumnos máis pequenos, dende Educación Infantil ata 3º e outro para os alumnos de 4º, 5º e 6º.

Participaron case tódolos alumnos do colexio. Houbo cancións, adiviñas, poemas, teatro, romances de cego,... moito traballo e moita ilusión.








Nos próximos días faremos reportaxes de tódalas actuacións.

20 abr. 2008

23 de abril: Día Internacional do libro

O Día 23 de abril celébrase o Día Internacional do libro. É unha conmemoración ao libro e aos dereitos de autor. Escolléuse esa data en memoria de 3 escritores ilustres que faleceron o 23 de abril de 1916, aínda que en calendarios diferentes.

Eses ilustres escritores foron Miguel de Cervantes (calendario gregoriano), William Shakespeare (calendario juliano) e Garcilaso de la Vega. En Cataluña celébrase en esa data o Día de San Jorge, tendo por costume regalar libros e rosas entre parellas e persoas queridas. Este foi un argumento utilizado pola UNESCO para declarar este día Día Internacional do Libro.

No noso cole ese día non poderemos festexalo como esperabamos debido a que algúns dos alumnos estarán de visita cultural.

Como ao libro non lle importa que o festexemos outro día, farémolo o 30 de abril, co "III Festival do Conto" que os alumnos do cole están a preparar.

Cartel do Día internacional do Libro infantil, que se celebra o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen

15 abr. 2008

III Parte de Contamos coa Ciencia: A Ciencia nas túas mans

Xa comenzamos a III Parte de "Contamos coa ciencia", tema de fomento de lectura para este curso no noso colexio. Esta terceira parte dedicarémola a realizar traballos relacionados coa tecnoloxía, a ciencia e os inventos. Xa tedes ideas colgadas no taboleiro de anuncios e moitos libros expostos no pasillo para que poidades facer traballos. Os traballos pódense facer por grupos ou individualmente. Farase unha exposición cos traballos realizados.


A Ciencia nas túas mans

¡Ánimo e participa na exposición!