Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

14 jun. 2008

Exposición de tecnoloxía: "A Ciencia nas túas mans"

Temos tamén na entrada da biblioteca a exposición dos traballos de tecnoloxía que os alumnos realizaron nesta última parte de "Contamos coa Ciencia" ("A Ciencia nas túas mans)


Maqueta do Sistema Solar. O Sol é unha lámpada que se ilumina.

Elaborado por Esther, Sofía e Lucía de 6º B.




Un xogo de nervos. Tes que pasar o aro ao redor do arame. Se lle tocas, acenderase a luz do nariz.

Elaborado por Alexia e Antía de 4º A




Maqueta dun coche. Encéndense os faros dianteiros.

E
laborado por Diego de 6º A.




Maqueta dunha cociña, na que se encenden os fogóns.
Elaborada por Andrea e Virxel de 3º B.





Maqueta dunha noria. Se encendes o interruptor dará voltas.

Elaborado por Cristina e Noelia C. de 6º A.



Maqueta dun carro.

Elaborado por Carlos de 3º B.




Zootropos. Se o xiras, verás como se moven os debuxos de tal xeito que parece real.

Realizado polos alumnos de 4º A




Maqueta do Sol, a Terra e a Lúa.

Elaborada por Vanesa e Fátima de 6º B.


Maqueta dunha granxa. A luz da casiña encéndese.

Elaborada por Noelia J. e Tatiana de 6º A.




Móbil do Sol, a Terra e a Lúa.

Elaborado por Sara S., Sara V. e Ana de 6º B.


Caleidoscopio.

Elaborado por un profesor para a exposición.



Maqueta dun edificio. Encéndense as luces ao darlle ao interruptor.

Realizado por Uxía de 6º A




Maqueta dunha casa con alarma. Se tratas de abrir a porta de entrada ou do garaxe ou unha ventá, soará unha alarma.

Realizado por David de 3º B.



Taumatropos. Se o fas xirar verás os debuxos das dúas caras como se estivesen nunha mesma escena.

Realizados por alumnos de 4º A.

"Contamos coa Ciencia": As ilusións ópticas

Dentro do tema de fomento de lectura deste ano, "Contamos coa ciencia", tiñamos como un dos obxectivos neste último trimestre coñecer as ilusións ópticas a través dunha exposición.

Durante estas semanas que nos quedan estará exposta no taboleiro da entrada da biblioteca.

¿Que é unha ilusión óptica?

Calquer ilusión do sentido da vista que nos fai percibir a realidade erroneamente. Hai moitos tipos de ilusións ópticas.

Entender estes fenómenos é útil para comprender as limitacións do sentido visual do ser humano e a posibilidade de distorsión.



Moitos artistas aproveitan as ilusións ópticas para dar ás súas obras un aspecto máxico, de ambigüedade, profundidade...

O mesmo cine é unha ilusión óptica. Algúns alumnos do colexio puidérono comprobar cando construíron o zootropo e o taumatropo. Pódese ver, ao igual que nas películas, como unha serie de fotografías sucesivas dan apariencia de movemento.

Os efectos especiais do cine tamén están baseados nas ilusións ópticas.


Se queres ver máis ilusións ópticas pincha aquí.

Expuxemos tamén mans pintadas de animais salvaxes dunha colección estupenda que circula por Internet.

12 jun. 2008

Científicos da semana, entrega de premios

Hoxe, na biblioteca, tamén houbo entrega de premios para os gañadores do concurso "Científicos da semana" que tivo lugar durante os segundo trimestre. Neste caso os gañadores resultaron ser gañadoras, "científicas".

Fátima de 3º B, Antía e Alexia de 4º A e Sandra, Tatiana e Uxía de 6º A, resultaron gañadoras do concurso.

Recibiron un trofeo e un agasallo.




Parabéns para as sete "magníficas" científicas!


III Olimpíada do Saber, entrega de premios

Rematou a III Olimpíada do saber.
Alfombramos o longuísimo taboleiro da entrada da biblioteca coas Preguntas do día, os Preguntóns dos venres, os Pista a pista e as Apostas da Semana. Houbo loita ata o final, e o final chegou...


O equipo gañador desta Olimpíada resultou ser "Real Cabezas", formado por Álvaro e Pablo de 6º B. Álvaro xa tiña experiencia como gañador, xa que o fora tamén na Olimpíada do curso pasado.

Hoxe no medio de multitude de aplausos dos seus compañeiros recibiron o trofeo conmemorativo e un agasallo.


Noraboa aos dous!

Educación Infantil de 5 anos preséntanos os seus contos

Velaquí os contos que elaboraron os alumnos de Educación Infantil de 5 anos, nos que traballaron sobre experimentos.



11 jun. 2008

Educación Infantil de 4 anos preséntanos os seus contos

Estes son os contos que prepararon os alumnos de Educación Infantil de 4 anos.




10 jun. 2008

Educación Infantil de 3 anos preséntanos os seus contos

Os alumnos de Educación Infantil elaboraron uns libriños..., un por aula. Os de 5 anos realizaron libros de tipo informativo xa que traballaron na aula algún experimento. Os de 4 anos e 3 anos fixeron libros de ficción.

Irémolos presentando en sucesivos "posts".

¡Felicidades a todos polo traballo!


Velaquí tedes os de 3 anos.




Bibliotómbola

Hoxe, á hora do recreo, os alumnos que durante o segundo trimestre recibiron "bibliobonos" participaron na "Bibliotómbola". Os "Bibliobonos" recibíranos aqueles alumnos que voluntariamente realizaron traballos en relación ao obradoiro de escritura e o tema de fomento de lectura de este ano "Contamos coa Ciencia" ("As preguntas da semana" os "Sabías que...? e os relatos científicos).


Chegou a hora da recompensa, independentemente de que o traballo ben feito en si mesmo xa é satisfactorio... pero a ninguén lle amarga un doce...

9 jun. 2008

1º A presentou o seu libro "El pajarito y el abeto"

O venres pasado os alumnos de 1º A contáronnos un conto, pero non un conto calquera... Este conto tiña algo moi especial. Este conto fixérono eles mesmos, en equipo, de forma cooperativa.
Eles colorearon e eles escribiron o conto... E o venres contáronllo aos alumnos de Educación Infantil de 5 anos e ao outro grupo de 1º.

Hoxe, xuntáronse na biblioteca os seus papás, mamás, irmáns pequeniños, avós e avoas e os alumnos de 1º A, moi orgullosos e con razón do seu traballo, contáronllelo conto.

Sonou un forte aplauso para estes artistas que tan ben o fixeron.

Agora, o conto quedará na biblioteca... para que tódolos alumnos do colexio poidan disfrutar del.

¡Moitas grazas!

Pechamos a biblioteca durante os recreos

Último día na biblioteca...

Aínda que pechamos a biblioteca durante os recreos , todavía seguiremos facendo actividades:



Podedes seguir presentando os vosos traballos de tecnoloxía, "A Ciencia nas túas mans". Faremos a exposición dos traballos estas dúas últimas semanas.

Tamén faremos a exposición de Ilusións ópticas.

Non esquezades devolver o carné para que durante o verán non se perda.

Non haberá servizo de empréstito pero podedes seguir levando libros da biblioteca de aula.

5 jun. 2008

A pirata Renata na biblioteca

Os alumnos de Educación Infantil nunha sesión e o 1º Ciclo noutra, puideron disfrutar da marabillosa animación á lectura de Selene, "A pirata Renata".
Renata, a pirata, apareceu na biblioteca sorprendendo a tódolos alumnos coas súas andanzas, os seus contos e as súas cancións.

Os alumnos de Educación infantil cantaron a canción de "Soy pirata", fixeron maxia e tamén bailaron.

Os alumnos do 1º Ciclo puideron acompañar a Renata, a pirata, a quen lle gusta a nata, a cantar unha canción, facendo unha pequena representación teatral. Recibiron un mapa de piratas cada clase e divertíronse moito, moito...