Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

28 may. 2010

Concurso de fotografía e artes plásticas: Arte con alimentos, alimentos con arte.

¡¡ Participa !!



Pode concursar calquer membro da Comunidade Educativa.

Os traballos poden ser:

  • fotografías de composición de alimentos, como as que están na exposición.
  • traballos plásticos realizados con alimentos que perduran no tempo (cáscaras de noces, grans de café, fabas, pastas, semillas...).
  • traballos plásticos realizados con alimentos que perduran durante algún tempo (cabaza, pepinos, calabacíns, ...).
A data límite de entrega será o 16 de xuño.

Os traballos expoñeranse na entrada do colexio.

20 may. 2010

Mapa Gastronómico

Os alumnos do terceiro ciclo realizaron o "Mapa Gastronómico de Galicia". Nel aparecen reflectidas algunhas das moitas festas gastronómicas de Galicia.

Para coñecer mellor os lugares onde se celebran, os alumnos de 5º e 6º, buscaron información xeográfica, artística, paisaxística,... e, por grupos, elaboraron uns pequenos dossieres. Ademais engadiron receitas típicas da zona e información nutritiva acerca dos alimentos.

Noraboa polos traballos!!

13 may. 2010

IV Festival do Conto



Hoxe celebramos no cole o día das Letras galegas coa realización do IV Festival do Conto. Houbo cancións, poesías, obras de teatro, títeres, contacontos, ...

Os alumnos de 6º déronnos un clase maxistral axudados do Power Point para coñecer a vida e obra de Uxío Novoneyra e alumnos doutros cursos déronnos a coñecer a súa poesía recitándoa de viva voz.
Rematamos cantando todos xuntos o himno galego.

Un festival cheo de alegría, emoción e moito encanto...


Aquí tedes o programa.






Se queredes ver as fotos pinchade aquí. Aparecen na páxina de inicio da web do cole.


3 may. 2010

Cultura gastronómica

Durante este curso o tema de fomento de lectura estivo adicado á Cultura Gastronómica.

O noso obxectivo: Adentrarse no coñecemento da gastronomía galega para adquirir unha cultura máis ampla da nosa Comunidade a través dun aspecto fundamental que caracteriza aos pobos e ás culturas como é a gastonomía.

Realizáronse distintas actividades:

Concurso de adiviñas sobre alimentos para o segundo ciclo.


O mapa gastronómico galego, un mapa da Comunidade de Galicia onde se sinalizaron algunhas festas populares típicas da nosa Comunidade, realizádonse ademais libriños cun estudo sinxelo acerca do prato, alimento ou festa.















Exposición de libros relacionados co tema.


Un refraneiro popular sobre alimentos.



A pirámide dos alimentos.


Exposición do proceso de elaboración dalgúns alimentos.


As normas da mesa.

Arte con alimentos, alimentos con arte: Exposición de láminas relacionadas co tema
.

Concurso de fotografía e artes plásticas: Relacionado con alimentos.