Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

1 oct. 2011

Benvidos e benvidas

Levamos xa uns días de clase no novo curso que acaba de comezar e esperamos con ilusión a apertura da Biblioteca.
O momento está a piques de escomezar,o próximo día 3 xa podemos solicitar o préstamo de libros. Como todos os anos, será nos tempos dos recreos.

Recorda:
  • Calquer día da semana poderás levar un libro, revista, CD-rom, CDs de Música ou DVD de tipo informativo en préstamo.

  • Os DVDs de ficción poderán levarse tan só os luns e os venres.

  • O tempo de empréstito é de 15 días para os libros, 7 para as revistas e 4 para os DVD e CDs.
Benvid@s!!!

22 jun. 2011

Concurso de adiviñas 2010/11

Houbo un empate entre alumnos de 1º e 2º. No desempate, resultou gañadora do Concurso de Adiviñas Sofía, de 1º A.

Felicidades, Sofía!!!

7 jun. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 8



Nu foi paseando
co seu traxe singular,

todos rían a cachón
todos rían sen parar.

5 jun. 2011

Venres en galego

A actividade que leva por título "Venres en galego", foi proposta polo ENDL xunto co equipo de Biblioteca para desenvolverse ao longo de todo o curso.
Ese día, procuramos dun xeito especial, falar en galego... na clase, nos xogos, o conto do día, nos recados, os saúdos polos corridores, ...
Para que non nos esquezamos, os alumnos de Educación Infantil preparáronnos este estupedo cartel.


31 may. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 7



Me pinché con una rueca,
y cien años me dormí,
hasta que un beso del príncipe,
hizo que volviese en mí.

25 may. 2011

Festival do Conto: Programa de actuacións

O próximo venres, 27 de maio, como xa sabedes, celebraremos as Letras Galegas co Festival do Conto.
Este é o Programa de actuacións:(Fai clic en "Pantalla completa" para aumentar o tamaño)

18 may. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 6



Por non querer traballar
a dous deixou sen fogar

e tan só un
o puido lograr.

17 may. 2011

Día das Letras Galegas

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. O homenaxeado este ano é Lois Pereiro.
Podes coñecer a súa vida e obra e realizar actividades on line a través de multitude de recursos en distintas páxinas web. Pincha na imaxe.

Feliz Día das Letras Galegas!

O próximo 27 de maio celebrarémolo con xa tradicional Festival do Conto.

10 may. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 5



Somos seres diminutos
que en el bosque trabajamos

llevamos caperuzas
y a Blancanieves cuidamos.

6 may. 2011

Xornadas de poesía, 1º Ciclo

Os alumnos do 1º Ciclo estiveron hoxe na biblioteca nunha xornada adicada á poesía.

Os alumnos de 1º A recitaron poesías do libro "Polas rúas dos versos", de Ana Mª fernández.

Os de 2º A, unhas poesías sobre animais moi simpáticas; aproveitaron as súas letras para cantalas.

Os de 2º B, recitaron poesías compostas por eles mesmos, que logo formarán parte do libro de poesía realizado por alumnos do colexio durante este curso.


4 may. 2011

Xornadas de poesía: Rafael Alberti, 5º B

Hoxe tivo lugar na biblioteca na hora de lectura a primeira Xornada de Poesía. Acudiron á cita os alumnos do 3º Ciclo.

Os alumnos de 5º B prepararon unha exposición sobre Rafael Alberti e recitaron a súa poesía.


3 may. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 4



En el bosque es conocido
mi gorrito colorado

el lobo me ha perseguido
pero salió apaleado.

26 abr. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 3



Por decir tantas mentiras
me ha crecido la nariz

pero arrepentido luego
vuelvo a sentirme feliz.

23 abr. 2011

23 de Abril, Día do libro

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
.....
         Carlos Negro

Parte dun texto "O lugar da lectura", agasallo do poeta Carlos Negro no Día do libro ás Bibliotecas escolares galegas.

11 abr. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 2

Barriendo y fregando me paso la vida

sufriendo desaires de madre y de hijas;

mas mi hada madrina se ha compadecido

y al baile de palacio esta noche he ido.

10 abr. 2011

Teresa González Costa na nosa biblioteca

A autora de "A filla do ladrón de bicicletas", Teresa González Costa, estivó hoxe cos alumnos do 3º Ciclo na biblioteca nun encontro entrañable que seguramente todos recordarán.

Os alumnos xa leran o libro no segundo trimestre e realizaron un mural coas súas aportacións personais.


5 abr. 2011

Adiviña qué conto: Adiviña 1

Soy tan pequeñito como un pulgar

pero a mis hermanos consigo salvar

y con unas botas que andan 7 leguas

a todos devuelvo la felicidad.

3 abr. 2011

Concurso: Adiviña qué conto

Esta semana comenza o concurso: Adiviña qué conto.

Estas son as bases do concurso:


Ø     Propoñerase unha adiviña cada semana que será publicada cada martes.

Ø     A resposta corresponderá ao título sobre un conto clásico.

Ø     Só poderán participar  os alumnos de 1º e 2º curso de primaria.

Ø     As respostas deberán escribirse nun papel que se repartirá durante os recreos ao longo da semana.

Ø     Coa resposta figurará tamén o nome, apelidos e curso do participante.

Ø     Só se pode dar unha solución por alumno.

Ø     As respostas introduciranse nunha caixa que estará á entrada da biblioteca.

Ø     Ata o venres de cada semana poderase dar a resposta á adiviña desa semana.

O alumno ou alumna que acerte máis adiviñas será o gañador do concurso.



Aproveita para ler moitos libros sobre contos clásicos. Canto máis leas, máis acertarás!!!

15 mar. 2011

Violeta Monreal na biblioteca


Durante este trimestre os alumnos de 1º A leron un libro delicioso "Días de perros". A súa autora e ilustradora , Violeta Monreal, estivo hoxe na nosa biblioteca.








Os alumnos de 1º esperábana con moita ilusión. Era a primeira vez que estaban cun escritor. Houbo preparativos... Como lles gustou tanto o libro e aprenderon moitas cousas con el, decidiron construír eles un libro con xeroglíficos, pareados, ...


Violeta asinoulles o libro, na portada, cun "gran corazón" e con moito agarimo.

Os rapaces e rapaces de 1º quedaron realmente encantados coa súa visita. Obsequiounos cun magnífico agasallo, un collage realizado na biblioteca coa colaboración de todos os presentes. Qué ben quedou!


Moitas grazas, Violeta!