Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

15 mar. 2011

Violeta Monreal na biblioteca


Durante este trimestre os alumnos de 1º A leron un libro delicioso "Días de perros". A súa autora e ilustradora , Violeta Monreal, estivo hoxe na nosa biblioteca.








Os alumnos de 1º esperábana con moita ilusión. Era a primeira vez que estaban cun escritor. Houbo preparativos... Como lles gustou tanto o libro e aprenderon moitas cousas con el, decidiron construír eles un libro con xeroglíficos, pareados, ...


Violeta asinoulles o libro, na portada, cun "gran corazón" e con moito agarimo.

Os rapaces e rapaces de 1º quedaron realmente encantados coa súa visita. Obsequiounos cun magnífico agasallo, un collage realizado na biblioteca coa colaboración de todos os presentes. Qué ben quedou!


Moitas grazas, Violeta!