Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

28 mar. 2013

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Uns días antes de disfrutar das vacacións de Semana Santa, recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano. Con el os nenos e nenas do 1º ciclo puideron falar de tres libros seus: "A gardería de dona Bixelmina", "A pedra e as formigas" e o comic "Marcopola".
Tamén nos debuxou aos protagonistas destes libros que gustosamente levamos para decorar cada unha das nosas aulas.
Grazas pola túa visita!









24 mar. 2013

SUSO CUBEIRO
Hai unhas semanas estivo cos alumnos de 4º de primaria o ilustrador Suso Cubeiro. Ensinoulles as distintas partes das que se compón un libro e por suposto ensinoulles a debuxar.
Moitas grazas pola túa visita!









15 mar. 2013

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos moi divertida para os nenos/as de infantil. Iago chegou ao noso cole para contar un conto sobre unha vaca chamada Linda que non podía durmir e facía de todo para conseguilo ..... Todos participamos activamente e estivemos moi atentos á narración da historia.




14 mar. 2013

POESÍA

Xa moitos dos alumnos/as do cole animáronse a escribir e plasmar en papel diversos sentimentos  que nos transmiten as poesías. Estamos a decorar o taboleiro da entrada do cole con todas elas, esperamos máis, ÁNIMO!!!





5 mar. 2013

LIBROS DE XANEIRO E FEBREIRO

Aquí vos deixo os 10 libros máis emprestados durante os meses de xaneiro e febreiro. Son os vosos preferidos

Anatomía

¡Fuera de aquí, horrible mostruo verde

Álbum larousse de la naturaleza

Cuentos de Navidad

Carapuchiña vermella

¿Pelo o plumas?

Atlas visual de los dinosaurios

¡Pum-pam cataplán!

Hotel Pesadilla

El muñeco de nieve feliz