Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

4 nov. 2013

TEMPO DE OUTONO ....

Dende o Equipo de Biblioteca do cole queremos facer unha recopilación de DITOS, REFRÁNS, POESÍAS e ADIVIÑAS relacionadas co tempo do OUTONO, para o que pedimos a vosa colaboración. Podedes escribilos nun folio e que os nen@s decoren ou que sexan eles mesmos os que os escriban....
Con todos eles faremos un libro que pasará a formar parte do fondo da biblioteca do cole e estará dispoñible para todos.



ANIMÁDEVOS!!!!!!

Entregádellelos aos titores antes de que remate o mes de novembro. Graciñas.

 
SAMAÍN

Durante esta semana celebraremos no colexio o Samaín.
Animádevos a traer as vosas cabazas! Expoñerémolas no corredor da entrada do colexio.
Ademais o Equipo de dinamización da lingua galega elaborou para vós un díptico con un pouco de historia sobre o Samaín e un listado de libros que atoparedes na biblioteca sobre este mesmo tema. Aquí vos deixo unha copia.